Alumndo da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense
Un grupo de estudiantes de maxisterio recreando unha clase
Onte recibimos a visita dun numerosísimo grupo de estudantes dos graos de Educación Infantil e Educación Primaria, procedentes do campus de Ourense.
Os futuros mestres e mestras percorreron con atención o noso museo, interesados tamén nas actividades que levamos a cabo co alumnado de infantil e primaria que recibimos.
Agardamos que nos visiten en máis ocasións e se cabe no futuro, acompañados dos seus grupos de alumnos/as.