Alumnado de 3º do CEP de Ventín.
Onte viñeron visitarnos ao Mupega dous grupos de 3º de Educación Primaria do CEP de Ventín, de Ames.
Un numeroso grupo de rapaces e rapaces moi animados percorreron a exposición temporal "O mundo nas mans" en compañía do persoal do museo e das súas mestras, e tamén puideron coñecer como era unha aula coma a dos seus avós e avoas.
Foi unha visita moi divertida e interesante. Agardamos que volvan en máis ocasións.