Alumnado do CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo)
Onte tivemos unha visita dende ben lonxe: alumnos e alumnas de 6º de Primaria do colexio público Gregorio Sanz de Ribadeo.
O encantador grupo estivo atentísimo ás explicacións e desfrutaron moito practicando cos xoguetes tradicionais e sentindo a experiencia de estar nunha clase como a dos seus avós e avoas.
Estamos encantados de que viñeran visitarnos. Esperamos que poidan vir noutra ocasión.