Alumnado de 1º do grao en Educación Primaria
Alumnado de 1º do grao en Educación Primaria
Onte e hoxe recibimos a visita de dous grupos de alumnas e alumnos de primeiro da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago
O numeroso grupo, máis de 100 en persoas en total, visitaron o museo acompañados polo noso persoal. Prestaron especial atención á zona adicada as aulas históricas, xa que era a materia central na visita nesta ocasión.
O grupo mostrouse moi atento e interesado tamén nas actividades que dende o museo desenvolvemos cos nenos e nenas de primaria, xa que temos ante nós, os mestres e mestras do futuro.
Esperamos recibilos moitas máis veces como alumnos/as ou coma docentes.