Alumnado de Taballo Social da USC
O pasado martes 5 de decembro visitáronnos no Mupega un grupo de alumnos e alumnas do grao en Taballo Social da Universidade de Santiago.
O grupo estivo moi interesado nos diferentes espazos que temos no museo e especialmente naqueles aspectos que teñen que ver coa función social e asistencial da escola en Galicia ao longo dos últimos séculos.
Foi, sen dúbida unha visita moi interesante cun grupo moi atento e empático. Esperámosvos en máis ocasións.