Grupo de persoas maiores do Concello de Rianxo
Hoxe tivemos o pracer de recibir no Mupega a un nutrido grupo de maiores do Concello de Rianxo.
O grupo moi participativo e interesado, aportou o seu graniño de area na visita, compartindo con nós alguhas das súas anécdotas e lembranzas, que nos axudan a comprender un pouco máis este rico patrimonio educativo que compartimos.
Resultou unha visita emotiva e enriquecedora para todos. Esperamos volvelos a ter no Mupega en máis ocasións.