Alumnado do Ciclo Superior en E.I  do CIFP Ferrolterra
Onte visitáronnos un numeroso grupo de alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Ferrolterra de Ferrol.
O grupo percorreu todos os espazos do Mupega, primeiro en visita guiada e despois de novo por libre.
Amosáronse moi interesados especialmente nas actividades que realizamos no museo para o alumnado de Infantil.
Foi unha visita moi agradable e interesante. Agardamos que volvan visitarnos en máis ocasións.