Infantil, 1º e 2º de Primaria do CEIP Sobrado-Nebra.
3º a 6º de Primaria do CEIP Sobrado-Nebra.
Onte visitounos un colexio ao completo, veu todo o alumnado de Infantil a Primaria.
Debido ao amplo abanico de idades, os máis pequeniños percorreron o museo cunha das guías, e o alumnado de 3º en adiante fixeron a visita acompañados de otra guía.
Resultou unha visita moi entrañable xa que era perceptible a estreita relación entre todos os rapaces/as. Desexamos que desfrutaran da visita tanto coma nós e que volten noutra ocasión.