Ciclo Sup. Animación Sociocultural do IES Rosalía de Castro.
Na tarde de onte veu coñecer o Mupega o alumnado do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Rosalía de Castro.
O grupo fixo o percorrido por todo o museo, prestando unha atención particular ás actividades que dende o Mupega facemos cos rapaces dos centros educativos que nos visitan, e tamén ás que organizamos para o público do entorno máis próximo.
Para nós foi unha visita moi agradable e esperamos que tamén o fora para eles. Agardamos velos noutra ocasión.