alumnado do EEI de Aro
alumnado do EEI de Aro
O venres pasado viñeron de visita ao Mupega un divertido grupo de rapaciños e rapaciñas de 4º, 5º e 6º de Infantil procedentes de varias escoliñas rurais de Negreira.
Os cativos pasáronno moi ben xogando no Mupega e aprendendo moitas cousas da escola dos seus antepasados.
Foi unha visita fantástica cun grupo de pequenos encantador. Agardamos que non tarden en visitarnos de novo.