Espazo adicado a Ángela Ruiz Robles no Mupega
Ángela Ruiz Robles amosa a súa Enciclopedia mecánica.
Continuamos dándovos a coñecer as 6 mulleres salientables do noso Roteiro.
Hoxe facemos especial mención a unha mestra innovadora, Ángela Ruiz Robles, destacada inventora da famosa Enciclopedia mecánica entre outros recursos pedagóxicos. No Mupega contamos con varias pezas desta destacada docente, ás que sumamos un retrato ao óleo obra de Alejandro Cabeza,donado recentemente polo propio pintor.
Se queres saber máis sobre esta mestra adiantada ao seu tempo, visitanos no mes de abril.