Cartel mostra Adrián Pernas.
Mostra Adrián Pernas.
A partir de hoxe no Mupega poderedes ver unha pequena mostra da obra de Adrián Pernas, un estudante de 17 anos do IES Cabo Ortegal, que a pesares da súa xuventude salienta xa, co seu talento para o retrato e a pintura.
Autodidacta e creativo, emprega materiais e instrumentos da vida cotiá para realizar as súas obras.