Alumnado de 3º a 6º de Primaria do CEIP As Bizocas.
O pasado martes recibimos a visita dun animado grupo de varios cursos de primaria dun pequeno centro do Grove, As Bizocas.
Os nenos e nenas visitaron a exposición de cartografía "O mundo nas mans" e divirtíronse co xogo de pistas. Para rematar a visita, recreaoron no obradoiro unha auténtica clase das de antes.
Foi unha experiencia moi boa. Agardamos que volvan ao Mupega en máis ocasións.