Entrega de premios.
O pasado mércores, 6 de xuño, conmemorouse o Día Nacional do Doante e, con tal motivo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) celebrou no MUPEGA a entrega de premios do “I Concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes”.
Os premiados xunto cos seus compañeiros de aula e algúns familiares gozaron dunha visita ao museo, para asistir despois á entrega de premios no salón do Mupega, acto que estivo presidido polo conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña, xunto co director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira López.
Na celebración houbo tamén un fermoso momento para o recordo, pois as dúas rapazas premiadas do IES Carlos Casares quixeron adicar o premio a un compañeiro, xa falecido, transplantado de médula.
Dende o MUPEGA queremos darlles parabéns aos premiados:
- Daniel González González, do CEIP Castrelo de Miño (Ourense).
- Paula Fernández Collazo, do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo).
- Irene Jardón Castro, do IES Carlos Casares, (Vigo)
- Area García López, do IES Carlos Casares, (Vigo).
Felicitamos tamén aos mestres e profesores que promoven a participación do seu alumnado neste tipo de iniciativas, que neste caso particular, busca educar e sensibilizar sobre a importancia da doazón.