Alumnado de 5º de Primaria CEIP Fermín Bouza Brey
Alumnado de 5º de Primaria CEIP Fermín Bouza Brey
Onte viñeron visitarnos ao museo, un numeroso grupo de nenos e nenas de 5º de Primaria procedentes co Colexio Público Bouza Brey de Ponteareas.
O agradable grupiño, viña do máis preparado á visita pois, xa coñecía de antemán parte do patrimonio co que conta o Mupega.
Foi unha experiencia estupenda, agradecemos moito contar con visitas de rapaces e rapazas tan interesados. Agardamos contar con vós en máis ocasións