Alumnado de 3ºB de EP do CEIP A Solaina.
Alumnado de 3ºA de EP do CEIP A Solaina.
Onte visitounos o alumnado de 3º de Primaria do CEIP A Solaina, de Narón.
Os estudantes percorreron a exposición permanente das dúas primeiras plantas do museo, mostrándose en todo momento moi interesados e participativos.
Agardamos que a visita fora do seu agrado e que volten novamente.