Alumnado de 3º e 4º do CEIP As Revoltas.
Hoxe veu coñecer o Mupega o alumnado do CEIP As Revoltas, de Cabana de Bergantiños.
Os estudantes coñeceron como era a escola dos seus avós, os materiais didácticos que empregaban, os xoguetes cos que se divertían,...
Esperamos que a visita fora do seu agrado e que volten noutra ocasión.