Entrega de premios do Programa Atrévete.
Entrega de premios do Programa Atrévete.
Entrega de premios do Programa Atrévete.
Entrega de premios do Programa Atrévete.
O pasado venres, 15 de xullo, celebrouse no Museo Pedagóxico de Galicia a clausura do Programa Atrévete.
Este programa, que se desenvolve no marco do Plan Eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria no espírito emprendedor.
Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e do coñecemento do tecido empresarial da súa contorna.
Dende o Mupega felicitamos aos premiados e animamos ao alumnado, profesorado, e ás asociacións empresariais, a seguir participando neste tipo de iniciativas.