Alumnado de 5º e 6º do CEIP Plurilingüe de Covas.
Esta tarde visitounos o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Covas.
Os rapaces e rapazas percorreron as dúas primeiras plantas do museo mostrándose moi interesados e participativos en todo momento.
Antes de marchar quixeron facer a foto escolar do mesmo xeito que fixeron quizáis os seus avós.