Recreando unha clase de antes.
Alumnado de 2º e 3º da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Hoxe viñeron de visita ao noso museo os alumnos e alumnas de 2º e 3º do Grao en Educación Primaria procedentes de Ourense.
O numeroso grupo fixo a visita separados en tres grupos polos diferentes espazos do Museo. Amosáronse moi interesados en todos os recunchos do Mupega xa que estamos a falar dos futuros mestres e mestras.
Resultou unha experiencia moi grata telos aquí e agardamos que volvan no futuro, xa coma docentes cos seus alumnos.