Cartel do obradoiro de papiroflexia.
O próximo venres 23 de novembro organizamos no Mupega un obradoiro de papiroflexia. Con vistas ao ano entrante, construiremos un calendario con forma de poliedro.
Para a realización da actividade é necesario ser hábil e preciso dobrando o papel xa que, de non facer ben as pezas, resulta imposible montar o poliedro final. Polo que esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas a partir de 9 anos.
Se quedaran prazas libres, poderían asistir nenos/as de 8 anos acompañados por un adulto que axude ao neno/a na actividade.
Horario: 17:30 a 18:30.
Número de prazas: 10 rapaces/as.
Inscrición: enviar nome completo e data de nacemento do neno/a, así como un teléfono de contacto, a museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es
O correo debe ser enviado polo pai/nai/ titor do neno/a que se queira inscribir.
Lembrade que a actividade, polo feito de ser gratuíta, leva aparellado o compromiso de asistencia para que poidan participar o maior número de nenos/as. No caso de non poder asistir unha vez inscritos, rogamos que se dea aviso por correo electrónico ou por teléfono (981 540 155/56); deste xeito, poderán vir á actividade outros nenos/as en lista de espera.
Esperámosvos!