A exposición permanente do Mupega distribúese ao longo das tres plantas do edificio ocupando arredor duns 1200 metros cadrados, dos 3500 de superficie útil que presenta o edificio.
Na planta baixa atópanse os seguintes servizos do museo:
-
Biblioteca auxiliar con servizos de consulta bibliográfica, hemerográfica e de publicacións periódicas, fototeca, fonoteca e videoteca.
-
Sala de investigadores.
- Salón de Actos con capacidade para 112 persoas.
-
Taquillas.
-
Escaparate de producións propias.
Ademais nesta planta de entrada ofrécenselle ao visitante os referentes básicos para situalo no tempo, no espazo e na temática específica do museo, para o que se presentan os seguintes módulos museográficos:
-
Solaina de educadores galegos.
-
Os materiais didácticos.
-
Os xogos e xoguetes.
-
Peza destacada.
Na planta primeira ubícanse cinco seccións expositivas que responden a esta nomenclatura :
-
O mundo infantil: ciclo da infancia e xogos e xoguetes.
-
A administración educativa.
-
As escolas chegadas de alén mar.
-
A aula da Transición.
-
Zona de exposicións temporais.
O segundo andar presenta unha disposición análoga á primeira, agás unha pequena zona que se destina ás labores administrativas. Así, podemos observar os diferentes espazos museísticos:
-
As aulas no tempo: escolas de ferrado, restauración borbónica, da segunda república e franquista.
-
Educación Especial.
-
A Rede Mupega. Bases e mostra dos fondos dos antigos institutos provinciais fundadores da devandita Rede.
-
O ensino secundario e profesional. Orixes.