Visita ao pasado.
Visita ao pasado, grupo de amigos de Santiago.
O pasado sábado recibimos no museo unha visita moi especial: unha visita de época.
O grupo visitante acudiu ao Mupega ataviados con vestimentas de finais do século XIX e principios do XX, moi axeitadas coas aulas históricas do noso museo.
Resultou unha visita moi amena e interesante que nos permitiu a todos mergullarnos un pocou máis na atmósfera de épocas pasadas.
Agardamos que desfrutaran da experiencia e volvan a repetila en máis ocasións.