AGADEA Santiago nunha aula do Mupega
O pasado venres visitounos un pequeno grupo de usuarios de AGADEA (Asociación Galega de axuda aos enfermos con demencias tipo Alzheimer).
Os maiores percorreron aulas e obxectos da escola de antes que lles traían nalgún casos lembranzas da súa infancia.
Unha visita do máis entrañable que agardamos que repitan, sempre que así o desexen.