Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Un ano máis, como ven sendo habitual dende vai xa uns cantos, cara finais de curso, recibimos unha visita un tanto especial.
Trátase dunha visita que xunta alumnado de primaria (alumnado de 5º do CEIP de Calo) e persoas da terceira idade (usuarios do programa Activa-T da Asociciación AGADEA).
A visita foi moi enriquecedora para todos, os menores descubriron a sabiduría das persoas de idade e os nosos maiores aumentaron a súa motivación e actividade.
Xuntos fixeron unha viaxe polo tempo que os trasladou aos colexios da Restauración borbónica, da Segunda República e da época franquista ademais de divertirse recreando os xogos tradicionais no patio.
Moitas grazas a todos por facer posible que esta experiencia poida seguir levándose a cabo.