A REDE MUPEGA


O Mupega recoñeceu dende a súa fundación (DOG 13/11/2000), a realidade patrimonial dos institutos históricos da nosa Comunidade Autonóma , e en consecuencia no ano 2002, asinou   un protocolo de colaboración que vai permitir salvagardar o seu rico patrimonio arquitectónico, documental, bibliográfico e científico, e ademais establecer as liñas de traballo que posibilite harmonizar as necesarias  labores de conservación, investigación e difusión do seus fondos.


 
Esta orixinal fórmula de cooperación e descentralización  expresouse visualmente  na configuración dun módulo expositivo permanente no Museo Pedagóxico de Galicia con pezas procedentes destes centros, e no acondicionamento de diferentes espazos nos propios institutos, constituíndo diversas exposicións permanentes ou, no seu caso, coleccións visitables.


 
Co nome de REDE MUPEGA coñécese dende entón este singular acordo  de asistencia mutua  que garante  a permanencia no tempo deste  rico patrimonio arquitectónico, documental, bibliográfico e científico merecente de ser coñecido, apreciado e respectado por toda a cidadanía.


Institutos membros da Rede Mupega:


 
IES Otero Pedrayo de Ourense
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/



IES Lucus Augusti de Lugo
http://www.edu.xunta.es/centros/ieslucusaugusti



 


IES Xelmírez I de Santiago de Compostela
http://www.xelmirez.com/xel1.html



IES Salvador de Madariaga da Coruña
http://www.edu.xunta.es/centros/iessalvadordemadariaga/



IES Sánchez Cantón de Pontevedra
http://centros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/



IES Eusebio da Guarda. A Coruña


 http://www.edu.xunta.es/centros/ieseusebioguarda


 





 


 



AdxuntosTamaño
Rede-Mupega-EusebiodaGuarda.pdf1.5 MB