Exposición itinerante

O Mupega, no seu labor de difusión e divulgación do patrimonio educativo galego vén dende a súa xénese, organizando diversas exposicións itinerantes: O MICROESPAZO MUPEGA que, algúns centros educativos demandan con motivo da conmemoración dalgunha efeméride.
Pódese recrear unha aula do pasado, con todos os seus elementos: pupitres, mapas e láminas,pizarras, pizarrines, plumillas e tinteiros, libros (silabario, enciclopedías)...
Do transporte, seguro e conservación se responsabilizarán os centros ou colectivos demandantes que poderán solicitala a través dos formularios que figuran nesta páxina.

COMPROMISOS

· A solicitude debe facerse cunha antelación mínima de 15 días.
·Achegar no momento da entrega das pezas unha copia do seguro integral das mesmas desde a recollida até a devolución no MUPEGA.
·Indicación de procedencia das pezas que pertencen ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), tanto na exposición como nos medios de divulgación que se empreguen por parte dos seus organizadores.
·Devolver o material nas mesmas condicións que foi retirado  no lugar e prazo establecido.

Teléfono de contacto: 981 540155

  • Espazo Mupega

 espazo mupega 

  • Microespazo Mupega

 

Acceso ao FORMULARIO DE SOLICITUDE DE EXPOSICIÓNS ITINERANTES.