Documentación e recursos

TAREFAS



  1. Reunir, catalogar e poñer a disposición dos investigadores e estudosos os fondos documentais xerados arredor da educación ao longo da historia de Galicia.

  2. Recompilar e conservar os testemuños dos ámbitos temáticos da súa incumbencia.

  3. Constituír unha biblioteca e unha hemeroteca especializadas na educación e na pedagoxía en Galicia.

  4. Crear unha ludoteca á que se incorporen principalmente os xoguetes autóctonos e os xogos propios de Galicia.

  5. Elaborar as bases de datos que se propoñan para os fins do Museo.

  6. Asistir e asesorar a todas as persoas e institucións interesadas na consulta dos seus fondos.

  7. Establecer unha mediateca educativa.

Conservación e mantemento

TAREFAS



  1. Rehabilitar e salvagardar as coleccións propias ou en depósito do Mupega.

  2. Vixiar e facer o seguimento do estado de conservación das pezas custodiadas.

  3. Colaborar na difusión das coleccións específicas do Mupega.

  4. Cooperar na realización dos estudos dos fondos propios.

Exposicións, estudos e publicacións

TAREFAS



  1. Propoñer a realización de exposicións e responsabilizarse da súa xestión.

  2. Programar a celebración de congresos, xornadas e outras accións de carácter formativo.

  3. Elaborar unidades didácticas no tocante ás áreas temáticas do Museo.

  4. Promover a realización de investigacións, informes e publicacións sobre temas da súa incumbencia.