Documentación e recursos
TAREFAS
- Reunir, catalogar e poñer a disposición dos investigadores e estudosos os fondos documentais xerados arredor da educación ao longo da historia de Galicia.
- Recompilar e conservar os testemuños dos ámbitos temáticos da súa incumbencia.
- Constituír unha biblioteca e unha hemeroteca especializadas na educación e na pedagoxía en Galicia.
- Crear unha ludoteca á que se incorporen principalmente os xoguetes autóctonos e os xogos propios de Galicia.
- Elaborar as bases de datos que se propoñan para os fins do Museo.
- Asistir e asesorar a todas as persoas e institucións interesadas na consulta dos seus fondos.
- Establecer unha mediateca educativa.
Conservación e mantemento
TAREFAS
- Rehabilitar e salvagardar as coleccións propias ou en depósito do Mupega.
- Vixiar e facer o seguimento do estado de conservación das pezas custodiadas.
- Colaborar na difusión das coleccións específicas do Mupega.
- Cooperar na realización dos estudos dos fondos propios.
Exposicións, estudos e publicacións
TAREFAS
- Propoñer a realización de exposicións e responsabilizarse da súa xestión.
- Programar a celebración de congresos, xornadas e outras accións de carácter formativo.
- Elaborar unidades didácticas no tocante ás áreas temáticas do Museo.
- Promover a realización de investigacións, informes e publicacións sobre temas da súa incumbencia.