Exposicións permanentes

A exposición permanente do Mupega distribúese ao longo das tres plantas do edificio ocupando arredor  duns 1200 metros cadrados, dos 3500 de superficie útil que presenta o edificio.

 
Na planta baixa atópanse os seguintes servizos do museo:

    

  • Biblioteca auxiliar con servizos de consulta bibliográfica, hemerográfica e de publicacións periódicas, fototeca, fonoteca e videoteca.
  • Sala de investigadores.
  • Salón de Actos con capacidade para 112 persoas.
  • Taquillas.
  • Escaparate de producións propias.

 
Ademais nesta planta de entrada ofrécenselle ao visitante os referentes básicos para situalo no tempo, no espazo e na temática específica do museo, para o que se presentan os seguintes módulos museográficos: 

  • Solaina de educadores galegos.
  • Os materiais didácticos.
  • Os xogos e xoguetes.
  • Peza destacada.

 

Na planta primeira ubícanse cinco seccións expositivas que responden a esta nomenclatura :

 

  • O mundo infantil: ciclo da infancia e xogos e xoguetes.
  • A administración educativa.
  • As escolas chegadas de alén mar.
  • A aula da Transición.
  • Zona de exposicións temporais.


O segundo andar presenta unha disposición análoga á primeira, agás unha pequena zona que se destina ás labores administrativas. Así, podemos observar os diferentes espazos museísticos:

  • As aulas no tempo: escolas de ferrado, restauración borbónica, da segunda república e franquista.
  • Educación Especial.
  • A Rede Mupega. Bases e mostra dos fondos dos antigos institutos provinciais fundadores da devandita Rede.
  • O ensino secundario e profesional. Orixes.