O Mundo nas mans. Cartografía Escolar dos séculos XIX e XX

Desde o día 5 de febreiro o MUPEGA mostra a nova exposición dedicada á cartografía escolar dos séculos XIX e XX. Nela aparecen materiais didácticos e curiosidades relacionadas coa xeografía e a cartografía escolar. Mostra inaugurada polo Sr. Presidente da Xunta, D.Alberto Núñez Feijoo (ver nova da Exposición nesta ligazón)

No ano 1916 o profesor da Escola Normal de Pontevedra e futuro director da de Santiago, José María Crespo Rodríguez, editaba o libro Nociones de Geografía de Galicia, considerado o primeiro manual de Xeografía dedicado de maneira específica a Galicia. Exactamente cen anos antes Domingo Fontán iniciara no pombal do pazo de Sobrecarreira os exercicios preliminares para a confección da súa Carta Geométrica de Galicia.


Con motivo dos respectivos centenario e bicentenario, e dentro da programación do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), inaugúrase a exposición temporal O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX na que se amosa, ademais do libro e do mapa nomeados, unha escolma de 66 pezas relacionadas coa cartografía e as disciplinas que a empregaban como medio didáctico. No seguinte enlace pódese atopar toda a información sobre a exposición.

O mundo nas mans vai acompañado dun Programa de Actividades Didácticas dirixidas ós centros que queiran descubrir o MUPEGA dende outra dimensión, a través da súa Exposición Temporal. Estas actividades están pensadas para axudar ós rapaces e rapazas a coñecer os mapas e os principios da cartografía a través das actividades lúdicas e dos obradoiros que están programados e adaptados para todas as etapas educativas. Picando nos seguintes enlaces, segundo o nivel educativo, pódense descargar as programacións

Educación Infantil
1º e 2º E.Primaria
3º e 4º E.Primaria
5º e 6º E Primaria
Educación Secundaria

 

Tamén pódese acceder ao catálogo da mesma a través do seguinte enlace á Libraría Institucional da Xunta de Galicia:

O mundo nas mans. Catálogo da exposición

O mundo nas mans constitúe un manifesto de que co traballo e o esforzo do equipo do museo é posible pór en marcha proxectos deste tipo, que fan vivo o Mupega e que poñen en valor o rico patrimonio histórico-educativo que alberga nos seus fondos, promovendo deste xeito a súa recuperación e difusión.

 

O Espazo máxico. 25 anos da Revista PEONZA

Desde Outubro á Xaneiro o MUPEGA acollerá unha exposición creada pola Revista PEONZA, onde aparecen elementos da literatura e o mundo das ilustracións xogando co baile das  buxainas.


Esta exposición creouse para conmemorar os XXV anos de vida da revista PEONZA (Revista de Literatura Infantil e Xuvenil) . Nós, quixemos completala cunha colección de peóns do MUPEGA (na súa maioría doadas polo mestre Luís Ramas),  e dar a coñecer a traxectoria, que desde hai tempo, leva a buxaina nos xogos dos nenos e nenas de Galicia.

Podemos atopar 25 peóns: buxainas, trompas, bailaretes, perinolas, besbellas... de Galicia e de outras partes do mundo (Europa, Asía, América).  Simultaneamente atopamos a exposición da revista PEONZA que ten como fío condutor a buxaina. É unha recompilación de 82 textos literarios protagonizados polo peón, acompañados cada un de unha ilustración.

Cada un dos ilustradores achegouse ao texto co seu propio punto de vista, caracterizado por un estilo, unha técnica e unha lectura persoal (á fin e ao cabo, o ilustrador é un lector que nos ofrece unha nova mirada que reflicte, completa ou amplía a do escritor). O conxunto permite advertir a pluralidade de linguaxes plásticas das obras expostas, unha evidencia da gran calidade e variedade da ilustración española actual.

Ademáis  dase a coñecer unha ampla mostra de libros coidadosamente seleccionados entre os miles de títulos que configuran o panorama da edición infantil, con arranxo a criterios de calidade, variedade de xéneros, temas e idades dos seus destinatarios.

Nas visitas escolares trataremos de que os escolares poidan diferenciar unhas de outras, e que eles mesmos saiban elaborar unha con elementos de refugallo. Tamén queremos que sexan conscientes da importancia das ilustracións dos textos literarios, como un elemento do mesmo. Obras que depende da visión e a interpretación do ilustrador. Para iso, nas visitas escolares están diseñados diferentes obradoiros según as idades do alumnado. Ademáis hai unha serie de actividades para hacer na aula. 

EXPOSICIÓN TEMPORAL: "O Espazo Máxico" 25 anos da revista PEONZA.

Este trimestre, de outubro a xaneiro, estará con nós a Exposición Temporal "O Espazo Máxico" 25 anos da revista PEONZA.

Para ter máis información fai click aquí . Ademáis diseñamos actividades específicas para o aula según as idades dos alumnos/as. Podes descargalas en cada nivel educativo: Infantil1º e 2º de EP3º e 4º de EP, 5º e 6º de EPrimaria Secundaria.

O MUPEGA quere facer expreso o seu agradecemento á Revista PEONZA, por proporcionarnos a mostra.

 

 

Imaxe: 
O espazo Máxico. 25 anos da Revista Peonza

10 anos do Museo Pedagóxico de Galicia

O 21 de outubro de 2004, o MUPEGA,  abría as súas portas ó público na

compostelá rúa de San Lázaro, en plena ruta xacobea. O museo inseríase dentro

da Consellería de Educación e nomeadamente na súa Secretaría Xeral Técnica,

onde permanece ata a actualidade.

Para conmemorar tan importante efeméride, presenta na actualidade e ata o

mes de marzo de 2015, unha exposición conmemorativa desa andaina histórica

na súa primeira planta. Preto dun  cento de imaxes e textos lembran ó visitante

os acontecementos máis sobranceiros que neste decenio tiveron ó museo

compostelán como protagonista.

Imaxe: 
Exposición temporal: 10 anos de Museo Pedagóxico de Galicia

Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia

Unha nova exposición temporal ocupa as salas do MUPEGA. Nesta ocasión trátase da rotulada:  ‘Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia’, promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega e coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta  de Galicia. A  mostra permanecerá ata o 28 de xuño podendo ser visitada gratuitamente no horario habitual de apertura do museo (martes a sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h ).

Ao longo dos seus 42 paneis profusamente ilustrados e rigurosamente documentados destacase o compromiso solidario dos emigrantes galegos, ao largo da segunda metade do século  XIX e primeiro tercio do XX, cos seus  varios centos de escolas construídas  e sostidas que, contribuiron de maneira notable ao avance educativo e  cultural da poboación galega.

Complementase a mostra con abundante documentación das sociedades de instrucción promotoras destas obras educativas singulares e unha representación do seu  enxoval  escolar que no seu momento supuxo unha luz de progreso e modernidade na historia da educación galega.

A exposición está comisariada polo profesor da Universidad de Santiago de Compostela, D. Vicente Peña Saavedra e documentada por Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez do Arquivo da Emigración Galega.

Imaxe: 
Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia
Inauguración oficial da mostra no Mupega
Inauguración oficial da mostra no Mupega
Detalle das diferentes visitas guiadas á exposición
Detalle das diferentes visitas guiadas á exposición