Gravación de recursos

Acceso ao FORMULARIO DE SOLICITUDE DE GRAVACIÓNS OU REPORTAXES NO MUPEGA.

O Museo Pedagóxico de Galicia ofrece a posibilidade de gravar algúns dos seus fondos e mesmo de empregar algún dos seus espazos museísticos como escenario para algunha produción cinematográfica, previa solicitude plenamente xustificada e coa garantía de conservación e respecto necesarios, ademais da de figurar como ente colaborador de forma visible nas futuras producións que nel se orixinen. O presente formulario/solicitude debe ser enviado ao museo cun mínimo de 15 días de antelación á gravación prevista.