A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender ...> ver máis

A

ADSL:

Liña de subscrición dixital asimétrica. Tecnoloxía para transmitir información dixital a elevados largos de banda. A tecnoloxía ADSL prové unha conexión permanente e de gran velocidade.

Antivirus:

Programa que busca e elimina os virus informáticos que poden ter infectado un ordenador.

Arquivo adxunto:

Arquivo que acompaña unha mensaxe de correo electrónico. É axeitado para o envío de imaxes, sons, programas e calquera tipo de información.

Avatar:

Representación gráfica que se asocia a unha persoa usuaria para a súa identificación.

Alcume (nick ou nickname):

Nome da persoa usuaria empregado como identificación en actividades de socialización a través da rede.

B

Baixar:

Descargar un contido dalgún punto de Internet ao ordenador da persoa usuaria.

Báner:

Gráfico de dimensións relativamente pequenas que se mostra nunha páxina web con fins publicitarios.

Blog, bitácora:

Tipo de páxina web que se utiliza como diario. Pode ser particular, colectivo ou dunha empresa.

Buscador ou motor de busca:

É un programa situado nun sitio de Internet que recibe un pedido de busca, o compara coas entradas da súa base de datos e devolve o resultado. Algúns dos máis coñecidos son Google, Yahoo, Altavista, Lycos ou Infoseek.

C

Cabalo de Troia:

Programa que contén un código daniño dentro de datos, aparentemente, inofensivos.

Cargar (upload):

Proceso de transferir información desde un ordenador persoal a algunha rede.

Ciber-:

Este prefixo, unido a case calquera palabra, relaciónaa co mundo de Internet: cibernauta, ciberpunk, ciberexperiencia, etc.

Clave de acceso (password):

Sinal ou contrasinal dun só uso.

Colgar:

Por unha banda, pode facer referencia ao feito de que o ordenador quede bloqueado ou parado; por outra , colgar tamén se refire a cargar ou subir un arquivo en Internet é transmitir o arquivo dun ordenador á web.

Conversar (chat):

Servizo de Internet que permite a dúas ou máis persoas usuarias conversar en liña, mediante o teclado, de maneira simultánea.

Copia de seguridade (backup):

Acción de copiar documentos, arquivos ou ficheiros co obxectivo de poder recuperalos se hai un fallo no sistema.

Correo lixo (spam):

Envío masivo, indiscriminado e non solicitado de publicidade a través das contas de correo electrónico.

D

Descarga:

Acción mediante a que se grava información existente nunha rede nalgún dispositivo de almacenamento do noso ordenador.

Devasa, barreira de control electrónica (firewall):

Mecanismo de seguridade que impide o acceso a unha rede.

Disco duro:

É unha unidade de almacenamento fixo onde se garda a información de maneira permanente, podendo ser modificada ou borrada. Outro parámetro importante é o tempo medio de acceso, que indica a rapidez coa que se le a información.

E

E-mail ou Correo electrónico:

É o servizo máis básico, antigo e utilizado dentro de Internet. A mensaxe electrónica é o medio máis rápido e eficaz de comunicación. Permite intercambiar mensaxes, programas, vídeos, imaxes, etc.

En liña (on line):

Estar liña, conectado. Estado no que se atopa un ordenador cando se conecta directamente coa rede a través dun dispositivo, por exemplo, un módem.

Espión (spyware):

Programa instalado nun ordenador que recolle información sobre a persoa usuaria que o utiliza sen o seu coñecemento para envialo vía Internet a quen logo vende a información ou a usa para realizar ou estatísticas ou accións posteriores, como correo lixo.

F

Foro:

É un taboleiro de anuncios onde de colocan mensaxes e se establece un grupo de debate en liña. Normalmente, existe unha persoa, que modera, en cada foro, para regulalo.

H

Hacker:

Persoa que penetra nas redes e intenta ter acceso a zonas ou contidos reservados. Nun sentido amplo, persoa hábil no uso das redes, aínda que non cometa actos delictivos.

I

Internet:

Rede de redes. Sistema mundial de redes de ordenadores interconectados. Foi concibido a finais da década de 1960 polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América, máis concretamente pola ARPA. Nun primeiro momento denominouse arpanet e foi pensado para realizar funcións de investigación. O seu uso popularizouse a partir da creación da World Wide Web. Na actualidade, é un espazo público utilizado por millóns de persoas en todo o mundo como ferramenta de comunicación e información.

Intranet:

Rede privada existente dentro dunha empresa ou organización.

L

Ligazón (link):

Enlace, imaxe ou texto destacado, mediante subliñado ou color, que leva a outro sector do documento ou a outra páxina web. Hipervínculo.

Listaxe de distribución:

Relación de direccións electrónicas que conforman un grupo de traballo ou de interese e a cuxas persoas propietarias se remiten, de maneira simultánea, determinadas mensaxes a través do correo electrónico.

N

Navegador (browser):

Aplicación informática que permite acceder á información gráfica, textual e multimedia na web.

Navegador:

Programa para recorrer a World Wide Web. Algúns dos máis coñecidos son Microsoft Internet Explorer, Mozilla, Firefox, Google Chrome e Opera.

Nome de usuario (username):

Nome intelixible que identifica ao usuario dun sistema ou dunha rede.

P

Páxina Web:

Unha das páxinas que compoñen un sitio da web. Un sitio web agrupa un conxunto de páxinas afíns. Á páxina de entrada chámaselle “páxina inicial ou páxina principal”.

Programas (software):

Termo xeral que designa os diversos tipos de programas usados en computación.

R

Realidade virtual:

Tecnoloxía informática e de comunicacións pola que mergulla a persoa usuaria nun entorno virtual de natureza espazo-sensitiva por medios artificiais que lle permiten actuar co sistema de maneira interactiva.

Rede:

Sistema de comunicación de datos que conecta, entre si, sistemas informáticos.

Redes persoa-persoa (peer to peer, P2P):

Sistema de comunicación bilateral exclusiva entre dúas ou máis persoas a través de Internet coa finalidade de intercambiar información e arquivos.

S

Sala de conversa (chat room):

Habitación virtual ou espazo no que se conversa. As conversas soen organizarse por temas ou por intereses comúns.

Sistema operativo:

Programa que administra os demais programas dun ordenador.

U

URL (universal resource locator):

Localizador universal de recursos. É o termo que se utiliza para referirse a un enderezo de Internet. Cada URL é único e está formado por varias partes.

V

Virus:

Pequeno programa que "infecta" unha computadora. Pode causar efectos indesexables e mesmo danos irreparables.

Y

Youtube:

Sitio web (www.youtube.com) no que se aloxan millóns de vídeos e que permite a descarga de vídeos por parte das persoas usuarias.