Portal Educativo: www.edu.xunta.es

www.edu.xunta.es

SIEGA (Sistemas de Información da Educación Galega).
SERVIZO DE PERSOAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Páxina destinada ó acceso ós distintos datos e servizos web para mestras/mestres no relativo a adxudicacións (provisionais e/ou definitivas) de postos de traballo.

 
NOTAS DE INTERESE XERAL
  • Datos de interese
    1. Mapa dos concellos de Galicia [enlace].
    2. Centros con comedor [enlace].
    3. Centros con xornada única [enlace].
  • ¿Problemas de acceso?
    Temos noticia de que en certos navegadores de Internet os servizos web non funcionan correctamente. Analizados os casos por agora presentados, explicamos a continuación como solucionalos:
    1. Actualizar o navegador de Internet Explorer á última versión: ir á páxina web de Microsoft en: www.windowsupdate.com.
    2. Actualice igualmente o seu lector de documentos PDF Acrobat Reader en www.adobe.es/products/acrobat/readstep2.html.
    3. Nalgúns casos a actualización non é suficiente e o sistema non amosa contidos en ventás complementarias (coñecidas como 'popups'). Este problema pode ter 3 orixes diferentes:
      1. Que teña instalado algún anti-popups (nese caso desactíveo temporalmente para empregar este servizo).
      2. Que teña instalado o service pack 2 de Microsoft e éste anule a formación do popup ou ventá emerxente. Nese caso proceda a engadir o sitio de 'edu.xunta.es' como un lugar da súa confianza nas opcións de configuración do seu navegador de Internet.
      3. Que estea afectado por un erro do navegador de Internet (nese caso visite a páxina www.softonic.es/ie/20317 ) e descargue o parche que alí se propón.
         
  • Incidencias:
    Dado que se está a revisar constantemente estes servizos web recollendo tódalas incidencias presentadas xunto coas suxestións que fan os propios usuarios, tódolos días (de 8 a 9'30 e de 14'30 a 16'30) se procede a unha desconexión temporal dos servizos para incorporar versións actualizadas e melloras.
 
CONCURSO XERAL DE TRASLADOS 2007/08
  • Orde do 31 de outubro de 2007 pola que se convoca concurso de traslados de ámbito nacional entre funcionarios do corpo de mestres.
  • Listaxes das resolucións
    • Listaxe web rápido [enlace].
    • Listaxe web máis en detalle (e máis lento) [enlace].
    • Listaxe da resolución provisional para imprimir [sen enlace].
    • Listaxe da resolución definitiva para imprimir [sen enlace].
  • Listaxes de participantes. A día 6 de febreiro de 2008, publícanse as listaxes de participantes coas súas puntuacións. Establécese un periodo de reclamacións a este baremo provisional que abrangue dende o mesmo día 6 de febreiro ata o 15 do mesmo mes.
    • Listaxe dinámica na propia web [enlace].
    • Listaxe xeral de participantes (para imprimir) [enlace].
    • Listaxe de participantes polo apartado 1 ou 2 (para imprimir) [enlace].
    • Listaxe de participantes polo apartado 5 (para imprimir) [enlace].
    • Listaxe de participantes polo apartado 6 (para imprimir) [enlace].
    • Listaxe de participantes excluídos (para imprimir) [enlace].
  • Servizo web para concursar [enlace]. (Só operativo durante o prazo de presentación de instancias).
  • Novidades salientables deste ano:
    • Concurso de ámbito autonómico non puidendo participar dende outras comunidades autónomas á nosa.
    • O número máximo de peticións por instancia é de 300.
    • Vacantes itinerantes de inglés baixo certas condicións (ver convocatoria) e que, en ningún caso, serán adxudicadas de oficio a forzosos.
    • Participación obrigatoria dos desprazados.
    • Participación forzosa dos funcionarios en prácticas (oposición do 2007) que só poderán participar pola súa especialidade de oposición e non por primaria.
    • A fin de simplificar a súa participación, remitíronse cartas aos mestres que participaron en recentes convocatorias dos concursos de traslados e aos opositores do 2007 contendo, segundo o caso, a instancia completa xa cuberta e baremada.
  • Listaxes
    • Listaxe de centros, localidades e zonas. [enlace].
    • Listaxe de vacantes provisionais. [enlace].
    • Listaxe de instancias xa entregadas e validadas. [enlace].
    • Texto da convocatoria. [enlace].
    • Datos da elección de destinos provisionais recente (pasado mes de agosto) co fin de axudar aos concursantes en expectativa de destino para que fagan as súas valoracións de opcións: [enlace].
    • Datos de anteriores concursos de traslados co fin de axudar aos concursantes para que fagan as súas valoracións e opcións. [enlace].
 
CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO DE XEFES DE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2007/08
  • Orde do 5 de novembro de 2007 pola que se convoca concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes desta consellería.
  • Servizo web para concursar [enlace]. (Deixará de estar operativo unha vez superado o prazo de presentación de instancias).
  • Listaxes
    • Texto da convocatoria [enlace].
    • As distintas listaxes de instancias, etc. están no mesmo enlace antes indicado para entrar a cumprimentar a instancia..
    • Resolución definitiva en formato PDF [enlace].
    • Coincidindo co mesmo prazo que para o Concurso Xeral de Traslados antes indicado, ábrese un periodo de reclamación ás instancias presentadas e ao seu baremo que comeza o 6 de febreiro de 2008 ata o 16 do mesmo mes ambos inclusive.
 
CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS (EPA) 2007/08
  • Instancia en branco para ser cuberta en formato PDF [enlace].
 
ELECCIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS PARA O CURSO 2008/09
  • Resolución do 29 de maio de 2008, pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais no corpo de mestres para o próximo curso académico 2007/2008. Servizo de Primaria (04/06/2008).
    • Feita a convocatoria, o servizo web con todas as axudas, listaxes e documentos se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/cadp.
    • Fonte da noticia no seguinte [enlace]
    • Listaxe de centros, localidades e zonas a usar para estas eleccións de destino [enlace].
 
Notas

Lembre que para acceder a maior parte dos servizos descritos precisa dispor dunha conta de correo electrónico pertencente ó dominio edu.xunta.es. Se carece dela solicítea por medio da páxina web www.edu.xunta.es/correo

Consellería de educación e ordenación universitaria