Preguntas máis frecuentes (FAQ)
- Que é PLATEGA?
- Como podo solicitar a miña matrícula nos cursos de formación de PLATEGA?
- Por que non poderei acceder?
- Por que non podo acceder se estou seguro da conta e contrasinal e teño as cookies habilitadas?
- Como podo atopar o curso X?
- Como cambio os meus cursos?
- Como volvo á páxina principal do curso?
- O meu nome ou apelidos aparecen de forma incorrecta, como podo corrixilos?
- Como me poño en contacto co titor do curso?
- Por que non recibo ningún correo e outros compañeiros si?
- Como podo deixar de recibir todos estes correos?
- Por que non hai botón de "Enviar este arquivo", ou "Gardar"?
- Como podo ver os comentarios do profesor ás miñas tarefas recentes?
Parte 1. Platega, acceso ao sistema e navegación.
Parte 2. Perfil: Datos persoais.
Parte 3. Comunicación dentro de Platega e nos cursos: Foros e Correo electrónico.
Parte 4. Envío de tarefas e cualificacións.
1. Que é PLATEGA?
PLATEGA é a Plataforma de Teleformación de Galicia. PLATEGA é unha forma de educación xurdida co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. O seu fundamento é aproveitar a facilidade de distribución de materiais formativos e as ferramentas de comunicación das redes informáticas para crear un contorno de ensino e aprendizaxe. Deste xeito, e mediante unha conexión á rede Internet, os usuarios poden realizar actividades interactivas, acceder aos materiais precisos para adquirir o coñecemento, recibir axuda, realizar comunicacións ou avaliar o seu progreso.
2. Como podo solicitar a miña matrícula nos cursos de formación de PLATEGA?
Dependendo da natureza do curso. Diferentes servizos da Consellería de Educación e O.U. ofertan cursos dende esta plataforma. Entre estes inclúense:
Servizo de formación do profesorado.
Pode consultar a información referente aos cursos a distancia e presenciais ofertados por este servizo na dirección:
Páxina do Servizo de Formación do Profesorado
Os cursos de PLATEGA aparecen asociados co CFR "Servizos Centrais", podendo refinar a busca para a área ou familia tecnolóxica á que vostede pertenza. Pode consultar a seguinte guía rápida sobre como utilizar esta aplicación:
Guía rápida sobre a aplicación Fprof
Cursos de formación na ferramenta XADE.
Os cursos específicos na ferramenta XADE están destinados tanto a persoal docente como persoal administrativo. Para o persoal docente os cursos ofértanse a través do servizo de formación do profesorado. Pode consultar a información referente aos cursos a distancia e presenciais ofertados por este servizo na dirección:
Páxina do Servizo de Formación do Profesorado
Os cursos para persoal administrativo ofértanse a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), pode consultar información sobre cursos e convocatorias a través da dirección:
Páxina da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Existen proxectos de formación en centros sostidos con fondos públicos específicos para o profesorado de formación profesional, atendendo ás características deste colectivo, como modalidade fundamental de formación, que se desenvolve nos propios centros educativos para fomentar a súa autonomía organizativa e pedagóxica, e para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado.
Páxina de Información dos ciclos formativos da formación profesional3. Por que non poderei acceder?
Debe dispoñer dunha conta de usuario da consellería de educación no Dominio @edu.xunta.es para acceder a PLATEGA. No caso de non dispoñer de unha e non saber como solicitala pode informarse a través da Unidade de Atención a Centros (UAC), por calquera dos seguintes procedementos:
Procedementos de solicitude de conta de usuario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Se dispón dunha conta de correo no dominio @edu.xunta.es e aínda así non pode acceder, podería haber moitas razóns, pero a máis probable é que simplemente esquecera o seu contrasinal, estea intentando acceder cun contrasinal equivocado ou o estea escribindo incorrectamente.
Para realizar unha comprobación dos datos da súa conta, pode probar a entrar cos mesmos datos (conta @edu.xunta.es e contrasinal correspondente) noutros servizos da Consellería de Educación como o correo electrónico a través da dirección:
Acceso á páxina do Correo electrónico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
No caso de non poder acceder tampouco aos demais servizos é que se trata dun problema da súa conta en deberá poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC), por calquera dos seguintes procedementos:
Procedementos de contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC)
Algunhas outras posibilidades son:
- Ten a súa conta @edu.xunta.es bloqueada? Pode comprobalo entrando no seu correo electrónico na dirección:
Acceso á páxina do Correo electrónico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Conteñen o seu nome de usuario ou contrasinal unha mestura de maiúsculas e minúsculas?. Se é así, deberán ser escritas na forma exacta.
- Están habilitadas as cookies na súa navegador? Debe buscar a opción de habilitar as cookies para o sitio web http://www.edu.xunta.es/platega, na configuración do seu navegador.
4. Por que non podo acceder se estou seguro da conta e contrasinal e teño as cookies habilitadas?
- Se o acceso é adecuado probablemente presentaralle unha páxina co seu curso en branco (baleiro). Se o acceso non é correcto pode comprobar:
- Ten o teclado activadas as maiúsculas?
- Intercalou espazos en branco, maiúsculas ou acentos en nome de usuario ou contrasinal? Probe sen eles.
5. Como podo atopar o curso X?
Se non está xa matriculado nun curso, pode atopalo por medio do seu nome e descrición. Se xa está matriculado apareceralle no seu bloque "Os meus cursos".
6. Como cambio os meus cursos?
Mediante o seu bloque "Os meus Cursos" se está dispoñible. Volva á páxina principal a través do enlace "Platega", no menú principal da esquina superior esquerda.
7. Como volvo á páxina principal do curso?
- Utilice o botón de atrás, ou a lista de páxinas visitadas, do seu navegador, a través da frecha cara á esquerda, na barra de ferramentas do seu navegador na parte superior esquerda ou o botón da parte completamente inferior da páxina do curso.
- Tamén pode volver á páxina principal a través do enlace "Platega", no menú principal da esquina superior esquerda.
8. O meu nome ou apelidos aparecen de forma incorrecta, como podo corrixilos?
Na barra superior, na esquina dereita aparece o nome de usuario co que se identificou para entrar no sistema como enlace que leva á ventá de edición do seu perfil. Dende alí pode acceder á pestana "Editar información" e corrixilos ou modificalos. Estes datos persoais permiten identificar á persoa só dentro do contorno de PLATEGA, polo que unha vez matriculado na plataforma, estes valores resultan independentes da súa conta de correo ou outros servizos da Consellería de Educación e O.U.
9. Como me poño en contacto co titor do curso?
Existen varias opcións de comunicación co seu titor:
- A través dos foros existentes en cada curso, por exemplo, o foro do módulo ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas intervencións no foro ou posts.
- A través do sistema de mensaxería interna da plataforma tamén coñecido como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede e o seu comunicante, xa sexa o titor ou calquera outro participante.
- A través do correo electrónico, se o titor o permite, utilizando o seu programa de correo habitual ou o correo web da Consellería de Educación e O.U. na dirección: http://www.edu.xunta.es/correo co seu usuario @edu.xunta.es e contrasinal correspondente.
10. Por que non recibo ningún correo e outros compañeiros si?
Existen varias opcións:
- Poida que a súa dirección de correo no seu perfil sexa errónea ou estea deshabilitada.
- Tamén pode ser que non se subscribira aos foros que xeran correos.
11. Como podo deixar de recibir todos estes correos?
O correo electrónico é esencial para o funcionamento de PLATEGA. Emprégase para manterte informado das novidades. Se queres reducir a cantidade de correos que recibes podes:
- Editar o seu perfil e cambiar a súa configuración de correo electrónico para recibir só resumos, recibirá así un único correo diario.
- Cancelar a súa subscripción aos foros non esenciais, aínda que debería ter en conta as recomendacións dos titores.
- Inhabilitar a súa dirección de correo electrónico no seu perfil, aínda que non é recomendable xa que pode afectar ás comunicacións por parte do seu titor.
12. Por que non hai botón de "Enviar este arquivo", ou "Gardar"?
Pode ser que:
- A tarefa estea pechada neste momento.
- A tarefa non fora aberta aínda.
- Xa gravaches algo antes e a configuración impida que repitas as tarefas.
13. Como podo ver os comentarios do profesor ás miñas tarefas recentes?
Existen varias formas de acceder a eses comentarios:
- O método máis corrente consiste en ir ao mesmo sitio, Tarefa, no que enviaches o traballo.
- Outro método consiste en pulsar no vínculo que se atopa no bloque "Actividades recentes", no caso de que o profesor inclúa ese bloque no seu curso.
- Un método máis consistiría en acceder ao libro de avaliación e picar no vínculo correspondente á tarefa.
- Dependendo de como se configurou a tarefa, podes recibir un correo electrónico se foi seleccionado cun vínculo directo ao os comentarios.