PROGRAMA PILOTO 2006-2007 “O MONTE E O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”
AXENDA DO PROGRAMA
O programa pretende achegar á sociedade, a través da comunidade educativa, aspectos da xestión do territorio que se perfilan como imprescindibles para a prevención dos incendios forestais. Na iniciativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a desenvolver de xaneiro a xuño do 2007, colaboran a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural, e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
As motivacións do programa:
- A carencia dunha cultura forestal e do territorio que oriente a xestión sostible do monte. A presenza que ten o monte en Galicia – 2/3 do territorio son terreos forestais - non se reflicte nunha vocación forestal da poboación, nin no valor do monte, nin nunha presenza dos temas forestais na sociedade e no sistema educativo.
- A necesidade de formación dos cidadáns de cara a fomentar a participación e o consenso social sobre as políticas forestais e de xestión do territorio.
- A importancia de articular e integrar no eido da educación ambiental as propostas dos expertos en materia forestal e da xestión social dos riscos.
Introducción ao programa: motivacións, marco e obxetivos (PDF - 95 Kb)
XANEIRO 07 |
|
|
Presentación do programa. MUPEGA Convocatoria do proxecto de innovación educativa "POLO MONTE" |
|
|
FEBREIRO 07 |
|
|
Xornadas "O MONTE E O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE". Días 2,3,9,10. MUPEGA |
MARZO-ABRIL 07 |
|
|
Semana Forestal Campaña de Seguridade |
MAIO 07 |
|
|
Recepción dos traballos do Proxecto POLO MONTE Exposición e presentación dos resultados en acto público |
XUÑO 07 |
|
|
Edición dixital dos resultados |
