logotipo da campaña polo monte
PROTOCOLOS
foto dun conxunto de veles e montes

A metodoloxía para o traballo consiste na recolección de datos a través de protocolos unificados que permiten comparar os resultados obtidos en diversas localidades, dando así forma a un Observatorio do Territorio. Temos dous tipos de documentos:

  • protocolos guía
  • protocolos para traballos de campo
imaxen de solo cuberto de follas

PROTOCOLOS GUÍA

Nestes 5 documentos encontraredes orientación sobre como seleccionar o tema do traballo, como escoller unha boa localización para os estudos de campo, ou como seguir unha boa metodoloxía na toma de mostras.

foto dunha aldeíña

PROTOCOLOS PARA TRABALLOS DE CAMPO

Os traballos de campo propostos caracterizan o territorio desde catro perspectivas distintas: Biodiversidade e medio físico, Paisaxe, Recursos forestais e usos do solo, Historia e lingua.

Preséntanse 19 posibles traballos de campo co correspondente protocolo a seguir. Cada grupo de traballo escollerá cando menos un deles.

imaxe dun regato

FOLLAS DE CÁLCULO NORMALIZADAS

Poñemos aquí a vosa disposición os ficheiros en formato Excel para traballar a recollida de mostras e posibilitar un tratamento informático dos datos a nivel de Galicia.