SEMANA FORESTAL
Semana de Marzo dedicada ao bosque. Que valor ten o monte?

Actividades abertas á poboación nos centros de ensino primario e secundario, en colaboración cos Centros de Formación Profesional  con estudos de silvicultura, xardinería e estudios forestais. Durante esta semana desenvolveranse actividades variadas repartidas pola xeografía da Comunidade. As actividades  poden realizarse en colaboración con grupos ecoloxistas,  coa Sociedade Galega de Educación Ambiental,  e máis as Mancomunidades e Concellos.

Programa

Aberto ás propostas dos participantes, incluirá :

  • Conferencias de divulgación sobre os efectos dos incendios, o valor dunha xestión forestal sostible, etc.
  • Visitas ás Aulas Forestais e saídas de campo guiadas en colaboración cos Concellos, asociacións ambientais locais e Comunidades de Montes
  • Difusión dos traballos de campo do Proxecto de Innovación Educativa "POLO MONTE" nos medios de comunicación locais.

              

As actividades terán como eixo aos Centros de Ensino que participen no Proxecto POLO MONTE.