Portal
Educativo

MENÚ familias
PORTAL EDUCATIVO
»  Lexislación
Educación Secundaria Postobrigatoria. Bacharelato

Recopilación da lexislación referente á Ensinanza Secundaria Postobrigatoria. Bacharelato

A Educación Secundaria Post-obrigatoria queda configurada pola etapa educativa do Bacharelato, para os rapaces e rapazas que o desexen desde os 16 ós 18 anos de idade.


Finalidades:

O bacharelato é unha etapa educativa de carácter propedéutico e terminal que forma parte da Educación Secundaria postobrigatoria e que ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e as habilidades que lle permitan desenvoler funcións sociais, incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior.


Estructura:

O bacharelato comprende dous cursos académicos e está organizado nas seguintes modalidades:
  • Modalidade de Artes (organizada en dúas vías, a de Artes plásticas, deseño e imaxe e a de Artes escénicas, música e danza)
  • Modalidade de Ciencias e tecnoloxía
  • Modalidade de Humanidades e ciencias sociais
Cada modalidade está conformada por materias:
  • Materias comúns para as distintas modalidades de Bacharelato e obrigatorias para tódolos alumnos e alumnas.
  • Materias de modalidade, específicas de cada modalidade de Bacharelato.
  • Materias optativas. As materias de cada modalidade poden ser, ó mesmo tempo, optativas para o resto das modalidades de bacharelato.

Currículo:

O currículo prescritivo das distintas materias para esta etapa educativa, é dicir, obxectivos, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación, establécese no Decreto 126/2008, do 19 de xuño (DOG do 23 de xuño). A Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG do 27 de xuño) establece a relación de materias optativas de Bacharelato, o seu currículo e regula a súa oferta.



Acceso ó bacharelato:

Poderá acceder ao Bacharelato, en calquera das súas modalidades, o alumnado que posúa algunha das seguintes titulacións:
  • Título de graduado/a en Educación Secundaria.
  • Título de Técnico, obtido tras cursar a formación profesional de grao medio.
  • Título de Técnico Deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio.
Poderá acceder aos estudos de Bacharelato na modalidade de Artes o alumnado que estea en posesión do título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño nos termos pevistos no artigo 53.2º da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


Avaliación e promoción:

A avaliación das aprendizaxes do alumnado será continua, polo que implicará un seguimento do proceso e dos resultados das aprendizaxes ao longo de todo o curso. Terá como referente fundamental os criterios de avaliación establecidos para cada unha das materias no currículo do Bacharelato.

Normalización lingüística:

Serán impartidas en lingua galega as materias seguintes:

a) Das materias comúns: Ciencias para o mundo contemporáneo e Filosofía e cidadanía en primeiro curso. Historia de España e Historia da filosofía en segundo curso.
b) Das materias de modalidade: Na modalidade de Artes, Cultura audiovisual en primeiro curso, en calquera das dúas vías. Técnicas de expresión gráfico-plástica e Historia da música e danza en segundo curso, correspondentes á vía de Artes plásticas e Artes escénicas respectivamente. Na modalidade de Ciencias e Tecnoloxía, Matemáticas I en primeiro curso e Matemáticas II en segundo curso. Na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, Historia do mundo contemporáneo en primeiro curso e Xeografía en segundo curso.

Ademais das materias citadas, os centros educativos decidirán aquelas outras materias que serán impartidas en lingua galega para garantir que o alumnado reciba, polo menos, o 50% da docencia nesta lingua.

Titulación:

Os alumnos que cursen o bacharelato en calquera das súas modalidades recibirán o título de bacharel sempre que obteñan avaliación positiva en tódalas materias, título que será único e no seu texto deberá consta-la modalidade cursada e a cualificación media obtida.

Este título facultará para acceder ós ciclos formativos de grao superior, ós graos e estudios superiores de ensinanzas artísticas e ós estudios universitarios.
 
 
Documentos relacionados
    Real Decreto 1467/2007, de 2 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e se fixan as súas ensinanzas mínimas - (BOE do 06/11/2007)
    Corrección de erros do Real Decreto 1467/2007, de 2 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e se fixan as súas ensinanzas mínimas (BOE do 07/11/07)
    Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG do 23/06/2008
    Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 27/06/2008)
    Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas do bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta (DOG do 27/06/2008)
    Orde do 23 de xuño de 2009 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo (DOG do 1/7/2009).
    Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo (DOG do 29/09/2008).
    Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 09/08/96).
    Orde do 29 de maio de 2008 pola que se autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coa nova ordenación establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 04/06/2008)- Corrección de erros no DOG do 20/06/2008
    Corrección de erros.-Orde do 29 de maio de 2008 pola que se autoriza a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coa nova ordenación establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 20/06/2008).
    Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento (DOG do 02/09/97).
    Decreto 231/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 15/07/2002)
    Orde do 4 de xullo de 2002 pola que se regula a organización académica do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. nº 144, do 29 de xullo de 2002)
    Orde do 1 de marzo de 1995 pola que se regula a avaliación e a cualificación dos alumnos e das alumnas que cursan o bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (DOG nº 88 do 9 de maio)
    Orde EDU/1603/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato regulados na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE 17/06/2009).
    Instruccións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a promoción no bacharelato no réxime ordinario, dun curso incompleto do sistema educativo definido pola Lei Orgánica 12/1990, do 3 de outubro, a outro da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.
    Probas de acceso á Universidade
    Vías de acceso á Universidade
Lexislación
    Lexislación do Bacharelato en Galicia
 
 
ACCESO Ó PORTAL EDUCATIVO
ACCESO A WEB A NOSA LINGUA
ACCESO A BASES PARA ELABORACIÓN DO DECRETO
ACCESO A WEB SOBRE GRIPE A
GRIPE A NOS CENTROS
Acceso á información do programa de gratuidade de libros de texto
Curso de chinés
Consellería de educación e ordenación universitaria