Maltrato entre iguais. Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais
As investigacións arredor do maltrato entre iguais insisten en que a prevención é un aspecto fundamental para acabar con el, e que esaprevención require previamente do coñecemento das característicasque o definen e o diferencian doutros fenómenos similares.
En concordancia con ese obxectivo considerouse útil a elaboracióndun material de carácter divulgativo que dea a coñecer as súas particularidades máis significativas e que poida chegar aos diferentescolectivos da comunidade educativa. A finalidade última que se perse-gue é a de sensibilizar a todo o colectivo sobre a importancia dos com-portamentos ligados ao maltrato entre iguais e sobre os custos emocionais e persoais que teñen para as persoas implicadas nel.
Dada a variedade dos destinatarios, considerouse oportuno a elaboración dun material similar, pero ao mesmo tempo diferente, dirixi-do aos seguintes colectivos: profesorado, alumnado e familias.