Portal
Educativo

 
Bibliotecas Escolares de Galicia


Un bo termómetro para coñecer a medida do desenvolvemento dun país é o nivel das súas bibliotecas, das bibliotecas modestas, inmediatas. A biblioteca é un reto que debemos enfrontar; dar importancia á lectura, dar importancia ó pensamento abstracto que é o que verdadeiramente fixo ó home. (...) E que iso entre na vida do ensino e se comunique ese diálogo co libro e que, ó mesmo tempo, se cree o espazo para que eses libros sexan fáciles de ter, de consultar, e que nesa familiaridade se afeccione un a eles.
Emilio Lledó

Teléfono de información  
981 54 65 47
Fax  
981 54 6542


GUÍA PARA A SELECCIÓN DE MATERIAIS PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ponse a disposición do profesorado esta GUÍA PARA A SELECCIÓN DE MATERIAIS PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES dos centros de Infantil e Primaria, coa fin de axudar á busca e selección de documentos de interese con vistas á revisión, ampliación, actualización e mellora das coleccións. Nela poden atoparse títulos concretos e recursos diversos para a busca de documentos de cara a unha adquisición programada en función dos intereses e necesidades de cada biblioteca.

Esta guía foi elaborada por un grupo de traballo, o Grupo Guía, con representación de GALIX, AGABEL, Biblioteca Nova33, Federación de Libreiros de Galicia e Asociación Galega de Editores, cooordinado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

En documentación que se inclúe nesta versión web contémplanse os criterios que guiaron a selección e outra documentación que o Grupo GUÍA agarda sexa de interese para o profesorado.

Pode accederse á ferramenta de busca no seguinte enlace:





As Bibliotecas Escolares Galegas existen, están en marcha. En moitos centros escolares é xa unha realidade este espazo vivo de encontro coa palabra e a imaxe, o lugar no que "a información pode converterse en coñecemento", a biblioteca á que acoden todos os nenos e nenas, a máis próxima, na que se inician como lectores no contacto satisfactorio coa palabra falada e coa palabra escrita.

Este recuncho do portal educativo pretende incorporar documentos de apoio á xestión e dinamización da biblioteca escolar. É tamén un espazo de encontro de todos os profesionais interesados neste recurso educativo e unha fiestra pola que asomarnos ás bibliotecas que queiran dar a coñecer as súas experiencias.
 
 
FERRAMENTAS

Consulta de Centros
Accede á nova busca avanzada de centros educativos.
Xade
Xestión administrativa da educación.
Buscador
Busca a información na web.
Estatísticas do ensino
Platega
Plataforma de teleformación galega.

ACCESO Ó PORTAL EDUCATIVO
Organigrama da Conselleía
Información xeral
Gabinete do Conselleiro
Gabinete de Comunicación
Secretaría Xeral
Secretaría Xeral de Universidades
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Persoal
CFR
ACCESO A WEB A NOSA LINGUA
ACCESO A BASES PARA ELABORACIÓN DO DECRETO
ACCESO A WEB SOBRE GRIPE A
GRIPE A NOS CENTROS
Acceso á información do programa de gratuidade de libros de texto
Curso de chinés