Portal
Educativo

 
Centro de Formación e Recursos de Vigo

¿Que son os Centros de formación e recursos?:
  • Un pouco de historia
A raíz da publicación do decreto de 29 de xullo de 1999, (DOG 01/09) polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas non universitarias, teñen lugar algúns cambios na formación permanente do profesorado. Estes cambios afectan ós antigos CERES (centros de recursos), CEFOCOP (centros de formación continuada do profesorado) e monitores de PANTEG (plan de aplicación das novas tecnoloxías na educación en Galicia). Nas disposicións adicionais do citado decreto establécese que "os actuais centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios constitúense en centros de formación e recursos", que "os centros de recursos intégranse no centro de formación e recursos da súa localidade", e que "quedan suprimidos aqueles centros de recursos que non se constitúan en sección". Segundo a orde do 27 de marzo de 2000 (DOG 04/04) no centro de formación e recursos de Vigo créanse tres seccións nos concellos de Cangas, Ponteareas e Tui. No seu día, en cada unha destas seccións, estaban destinadas dúas persoas asesoras. Na sede do centro de formación e recursos de Vigo estaban destinadas nove persoas asesoras e máis unha que exercía as labores de dirección. Os membros do equipo asesor deixaron de ter un perfil de área, materia ou etapa, para configurarse como asesorías xerais, agás a asesoría de tecnoloxía da comunicación e da información (TCI).

  • Na actualidade
Actualmente os Centros de Formación e Recursos (CFR) están regulados polo decreto 99/2006, do 15 de xuño, (DOG 19/06 ) e polas ordes que o desenvolven. Neste decreto regúlase a planificación, estrutura, e funcionamento da formación permanente do profesorado dos centros da Comunidade Autónoma Galega sostidos con fondos públicos.
O citado decreto define os CFR como as unidades responsables da planificación e organización da formación permanente do profesorado no seu ámbito de actuación e prestan un servizo de apoio ao profesorado que exerce as súas funcións nos niveis educativos non universtarios.
Coa entrada en vigor do citado decreto e a publicación das ordes que o desenvolven, o CFR de Vigo queda constítuido cunha Sede Central en Vigo e dúas Seccións (Tui e Cangas do Morrazo ), e incrementa o seu cadro de persoal nunha asesoría máis,xa que agora os asesores/as teñen carácter xeneralista e de especialidade en función do perfíl requerido para a súa selección e a competencia para desenvolver o seu traballo no idioma galego.
Os membros do equipo asesor distribuénse do seguinte xeito: 11 asesores/as na Sede Central de Vigo, 3 asesores/as na Sección de Tui e 2 asesores/as na Sede de Cangas do Morrazo, tendo que desenvolver as súas funcións atendendo ó seu perfíl de especialistas nunha área ou ámbito e ás zonas de asesoramento nas que se distribuíron os 25 concellos do ámbito do CFR de Vigo.
No curso 2009- 2010 a plantilla do CFR de Vigo pasa a ter 13 asesorías repartidas do seguinte xeito: 2 asesores na Sección de Tui, 2 asesores/as na Sección de Cangas e 9 asesores/as na Sede central de Vigo.

Horario de atención  

Centro de Formación e Recursos de Vigo ( Sede Central):
Horario de atención ao público de Luns a Venres
Mañás: de 9:00 a 14:00 horas
Tarde: de 16:00 a 20:00 horas
Enderezo: Camiño do Chouzo s/n -36208 Vigo (Pontevedra)-
Teléfono: 986 202370/202809

Sección de Cangas:
Luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas.
Martes e xoves de 16:00 a 20:00 horas.
Enderezo: Rúa Real, nº 47 - Baixo- -36940 Cangas-
Teléfono: 986 301324

Sección de Tui:
Martes,mércores e xoves de 9:00 a 14:00h.
Martes,mércores e xoves de 16:00 a 20:00h.
Enderezo:r / Coengo Valiño s/n -36700 Tui-
Teléfono: 986 601025

Enderezo  
Camiño do Chouzo s/n
36208 Vigo (Pontevedra)
Teléfono de información  
986 20 23 70 / 20 28 09
Fax  
Sede Central de Vigo (986) 20 94 34
Correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es
 
 
FERRAMENTAS

Consulta de Centros
Accede á nova busca avanzada de centros educativos.
Xade
Xestión administrativa da educación.
Buscador
Busca a información na web.
Estatísticas do ensino
Platega
Plataforma de teleformación galega.

ACCESO Ó PORTAL EDUCATIVO
Organigrama da Conselleía
Información xeral
Gabinete do Conselleiro
Gabinete de Comunicación
Secretaría Xeral
Secretaría Xeral de Universidades
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Persoal
CFR
ACCESO A WEB A NOSA LINGUA
ACCESO A BASES PARA ELABORACIÓN DO DECRETO
ACCESO A WEB SOBRE GRIPE A
GRIPE A NOS CENTROS
Acceso á información do programa de gratuidade de libros de texto
Curso de chinés