Título node Learning object

G1302005: Xornadas "escol@TIC.2014"
Ven, 21/03/2014 - 10:30
G1302005: Xornadas "escol@TIC.2014"

Emisión en streaming das Xornadas "escol@TIC.2014"

Os días 21 e 22 de marzo terán lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela  as xornadas escol@TIC organizadas polas estruturas de formación permanente do profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nestas xornadas están programadas conferencias, experiencias e obradoiros TIC dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.

Pode verse información sobre o programa e a emisión en streaming para poder seguir o evento online no enderezo http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=452

Conferencias, experiencias, obradoiros TIC,... Todo isto nas xornadas escolaTIC 2014. Inscrición aberta a través de Fprofe.

Datas de celebración: venres 21 e sábado 22 de marzo.

Lugar de celebración: Pazo de Congresos (Santiago de Compostela)

Número de horas: 12 horas

INSCRICIÓN ABERTA ATA O 5 DE MARZO

FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALO...

Obxectivos

1.Impulsar e apoiar o compromiso do profesorado coa modernización educativa a través da aplicación das tecncoloxías da información e da comunicación aos procesos de ensino-aprendizaxe.

2.Promover o intercambio de experiencias de boas prácticas con tecnoloxías da información e da comunicación.

3.Reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.

Contidos

1.Experiencias educativas e recursos que facilitan unha práctica educativa innovadora coa utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

2.Propostas metodolóxicas para a integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.

3.A competencia dixital do profesorado como factor clave para a mellora educativa.

Menús Learning object node R