O secretario xeral de Política Lingüística participa na Estrada nos actos do Día de Rosalía

Mar, 25/02/2014 - 21:00
O secretario xeral de Política Lingüística participa na Estrada nos actos do Día
O secretario xeral de Política Lingüística participa na Estrada nos actos do Día de Rosalía

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García Gómez, participou este serán na Estrada nos actos de conmemoración que organizou o Concello pontevedrés con motivo do 177º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

A iniciativa, que se celebrou no Teatro Principal, incluíu o recitado escolar Lembrando a Rosalía, no que participou alumnado de diferentes centros de ensino estradenses, e mais un concerto no que a formación aCadaCanto, integrada polos músicos Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, interpretou en directo o repertorio do seu último disco, no que homenaxean a poetisa inaugural do Rexurdimento galego.

Menús News node R