O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respalda á Consellería e desestima o recurso de UGT contra o decreto de admisión en centros escolares

A sala desestimou a petición de declaración de nulidade e concluíu que a Xunta está facultada para regular os criterios complementarios de admisión que poden fixar os propios centros

Mér, 26/02/2014 - 17:40
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respalda á Conselleria e desestima o r
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respalda á Conselleria e desestima o recurso de UGT contra o decreto de admisión en centros escolares

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amosa a súa satisfacción pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que desestima o recurso contencioso administrativo presentado pola UGT contra o Decreto 254/2012, do 13 de decembro sobre a regularización da admisión de alumnado en Centros Docentes sostidos con fondos públicos. O devandito sindicato solicitaba a nulidade do artigo 9.3.i) que regula os “criterios complementarios”, e que permite aos centros computar un punto máis no baremo, si se aprecia a existencia de determinadas circunstancias relevantes e obxectivas.

Así a Consellería recorda que a sala validou dito decreto de admisión, rexeitou os motivos de impugnación presentados por UGT e concluíu que Galicia exerce as facultades que lle atribúe o Estatuto de Autonomía e respecta o principio de seguridade xurídica.

Cómpre recordar que UGT recorreu a inclusión, no Decreto, de criterios complementarios diferentes aos prioritarios recollidos na LOE, e que son:ter irmáns no mesmo centro; ter pais, nais ou titores legais traballando no centro; proximidade do domicilio ou lugar de traballo ao colexio ou instituto; renda per cápita de unidade familiar; condición de familia numerosa e concorrencia de discapacidade. Coa sentenza da sala mantense a posibilidade de que os centros poidan aplicar outros criterios distintos aos mencionados anteriormente, como ter en conta se os pais foron antigos alumnos.

Coa desestimación do recurso, o TSXG confirma e dá respaldo xurídico ao traballo desenvolvido pola Xunta de Galicia a prol da educación.