O conselleiro de Cultura e Educación entrega os premios extraordinarios de bacharelato, de formación profesional e da fase galega do XIV Concurso Hispanoamericano de Ortografía

Xesús Vázquez Abad salientou estes premios como un esforzo compartido de alumnado, familias, docentes, centros e inspección educativa

Ven, 14/03/2014 - 14:15
O conselleiro de Cultura e Educación entrega os premios extraordinarios de bacha
O conselleiro de Cultura e Educación entrega os premios extraordinarios de bacharelato, de formación profesional e da fase galega do XIV Concurso Hispanoamericano de Ortografía

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu hoxe a entrega dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/2013 e de Formación Profesional correspondentes ao curso 2011/2012; así como os galardóns da fase galega do XIV Concurso Hispanoamericano de Ortografía 2013.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia salientou estes premios como un froito do esforzo dos estudantes, das familias e dos docentes, e agradeceu tamén o labor dos centros e da inspección. “Grazas, pois, a todas e a todos pola vosa responsabilidade. Polo traballo ben feito. Polo esforzo e a ilusión. E parabéns aos premiados, porque sodes a cabeza visible, o orgullo da vosa promoción. Pero con vós están as vosas compañeiras e compañeiros, merecedores, tamén, de loanza e recoñecemento”. Así mesmo, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu a toda á comunidade educativa “o seu empeño en desenvolver esa perfección. É, sen dúbida, unha grande responsabilidade formar a distintas xeracións de mozas e mozos e lograr que se faga realidade ese potencial que levades dentro”.

Premios extraordinarios de Bacharelato

Os 20 Premios Extraordinarios de Bacharelato concedidos a 20 alumnas e alumnos galegos supoñen o recoñecemento do esforzo e a dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, algunha das modalidades de bacharelato no sistema educativo galego durante o curso 2012/2013. Así mesmo son un galardón á superación e responsabilidade persoal do estudante, na procura de estimular estes comportamentos excepcionais dos alumnos e alumnas do sistema educativo galego en aras de incrementar a excelencia académica.

Na relación de premiados, hai 7 estudantes da Coruña, 9 de Lugo, 3 de Ourense e 1 de Pontevedra. En concreto, pola provincia coruñesa resultaron galardoados Antía De La Fuente Rey (IES Agra de Leborís, de Laracha), Ana Berriochoa Rodríguez (CPR Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela), Carlos Codesio Sánchez (CPR Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela), María Larrañaga Cores (IES Saturnino Montojo, de Ferrol), Ana Souto Villanustre (IES Brión), Marina Fernández Fernández-Campoamor (IES Breamo, de Pontedeume) e Carlos Ramos Fuentes (IES de Arzúa); mentres que pola de Lugo fórono Diego Fernández Prado (IES Lama das Quendas, de Chantada), Beatriz Fernández Blanco (CPR Plurilingüe San José, de Lugo), Javier González Portela (IES Gregorio Fernández, de Sarria), David Pérez Piñeiro (CPR Galén, de Lugo), Amadeo Toledo Amor (IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, de Lugo), Silvia Núñez Sánchez (CIFP As Mercedes, de Lugo), Gabriel María Carral López (CPR Galén, de Lugo), José Manuel Vidal Arboiro (IES Monte Castelo, de Burela) e María Nerea Capón Lamelas (IES Leiras Pulpeiro, de Lugo). A pontevedresa que acadou este recoñecemento foi María García González (IES de Beade, de Vigo), mentres que na provincia ourensá resultaron premiados Nerea Dasilva Villanueva (IES As Lagoas, de Ourense), Mauro Paradela Del Río (CPR Plurilingüe Santa María, Ourense) e Leticia Vázquez Bengochea (IES Eduardo Blanco Amor, Ourense).

Os aspirantes debían contar cunha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75. Ademais, realizaron unha proba con dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e lingüístico sobre un texto en lingua estranxeira. Na segunda parte desenvólvense temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia da modalidade cursada.

Cada premio está dotado cunha gratificación económica e o premiado ou premiada poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos  por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público segundo se estableza na normativa vixente. Ademais supón a anotación da distinción no seu expediente académico, un diploma acreditativo e outorga a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de bacharelato.

Nesta edición participaron un total de 803 alumnos, pertencentes a 78 centros da Coruña, 26 centros de Lugo, 18 centros de Ourense e 64 centros de Pontevedra.

Premios de FP

No caso dos Premios Extraordinarios de Formación Profesional de grao superior, recoñeceuse o traballo de 21 rapazas e rapaces, dos que 9 cursaron estudos na provincia da Coruña, 4 na de Lugo, 1 na de Ourense e 7 na de Pontevedra. Para optar a estes premios extraordinarios de FP os aspirantes debían ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2012 nun centro docente de Galicia - tanto na modalidade presencial como na modalidade a distancia- e ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50. Os estudantes galardoados recibiron un diploma acreditativo e unha gratificación económica ao seu traballo. Esta distinción figurará ademais no seu expediente académico.

Pola provincia da Coruña resultaron premiados Pablo Rey Cabarcos Lago, da familia profesional de Actividades Físcas e Deportivas (CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol); José Ramón Martínez Mallo, da familia profesional de Edificación e Obra Civil (CIFP Someso); Óscar Maceiras Pazos, da de electricidade e Electrónica (IES Urbano Lugrís da Coruña); José Antonio Espasandín Arias, da de Fabricación Mecánica (CIFP Politécnico de Santiago de Compostela); Ivana Lidia Vigneri, da de Hostalaría e Turismo (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela); Fabián Francisco Regueira Barrientos, da de Instalación e Mantemento (IES Punta Candieira, de Cedeira); Fernando Taboada Beato, da de Madeira, moble e cortiza (CIFP Someso); Jacobo Leopoldo, da de Marítimo-Pesqueira (IES Universidade Laboral, de Culleredo); e Rubén Villasenín iglesias, da de Servizos socioculturais e á comunidade (CPR Fesán de Santiago de Compostela).

No caso da provincia de Lugo, os estudantes galardoados foron Carlos Varela Sánchez, da familia profesional de Enerxía e Auga (CIFP As Mercedes, de Lugo); Carlos Toledano Muñoz, da de Imaxe e Son (CPR TIC, de Lugo); Susana Pereira prieto, da de Imaxe persoal (IES Muralla Romana, de Lugo); e Daniel Iglesias Rodríguez, da de Transporte e mantemento de vehículos (CIFP As Mercedes, de Lugo); mentres que na provincia de Ourense recibiu este recoñecemento Alba Losada Diéguez, da familia profesional de Informática e comunicación (CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel).

Da provincia pontevedresa os premiados foron Eugenia García Matilde, da familia profesional de Administración e xestión (IES Ricardo Mella, de Vigo); Javier Bustelo Otero, da de Agraria (CIFP A Granxa, de Ponteareas); María Jesús García Maquieira, da de Artes Gráficas (IES Montecelo, de Pontevedra); Ana Ledo Méijome, da de Comercio e márketing (IES Ribeira do Louro, do Porriño); José Antonio Otero Pereira, da de Industrias Alimentarias (CIFP A Granxa, de Ponteareas); Rosalía García Martínez, da de Química (CIFP Manuel Antonio, de Vigo); e Carla Peso Bajo, da de Sanidade (IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra).

Nesta edición participaron un total de 312 alumnas e alumnos, 153 pertencentes a centros da Coruña, 36 de centros de Lugo, 38 de centros de Ourense e 85 de centros de Pontevedra.

Concurso Hispanoamericano de Ortografía

No transcurso do acto entregáronse, ademais, os galardóns da fase autonómica do XIV Concurso Hispanoamericano de Ortografía 2013, que consistiu na realización de exercicios con nivel progresivo de dificultade de carácter eliminatorio sobre o uso da normativa ortográfica vixente. Na proba, que se realizou o pasado mes de outubro no IES de Sar (Santiago de Compostela), obtivo o primeiro premio Sara Álvarez Quintáns, do IES Frei Marín Sarmiento (Pontevedra); mentres que o segundo acadouno Íñigo Cabo Taboada de Zúñiga, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela).

Ademais do conselleiro, na entrega de premios participaron o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; e a concelleira delegada da área de Servizos sociais do Concello de Santiago, María Castelao; entre outras autoridades.