Puntuacións definitivas e relación de excluídos definitivos nas especialidades de Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel, Patronaxe e Confección, Servizos de Restauración, Guitarra,Trompa e Técnicas de Gravado e Estampación

Mar, 01/04/2014 - 08:30

Xúntase o Anuncio do 18 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos nas especialidade de Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel (590120) do corpo de profesores de ensino secundario, Patronaxe e Confección (591217) e Servizos de Restauración (591226) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, Guitarra (594414) e Trompa (594427) do corpo de profesores de música e artes escénicas e na especialidade de Técnicas de Gravado e Estampación (596614) do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño, abertas entre outras, polo Anuncio do 30 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Para poder consultar os baremos poden acceder desde o servizo que aparece máis abaixo  (https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/ListadoSubstitutosListaAberta.do) e buscar a lista que corresponda, en cada caso, abrindo posteriormente a ligazón que permite consultar o baremo.

No caso de ter que facer reclamación ao baremo provisional farase dentro do prazo que se indica no correspondente anuncio que se publica no DOG e que tamén aparece publicado na web.

A reclamación presentarase por escrito en calquera dos rexistros oficiais ou por correo certificado e dirixido á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación (Edificio administrativo San Caetano s/n,15781 Santiago de Compostela) indicando os datos necesarios: NIF, Nome e apelidos, disciplina pola que se presenta, motivo da reclamación, etc.