Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso 2013/2014, nas universidades do SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos

Mér, 02/04/2014 - 09:55

Xúntase a Orde do 20 de marzo de 2014 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2013/14, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.

Requisitos:

Poderán solicitar estas axudas os/as estudantes universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar  a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal,desemprego do sustentador principal, enfermidade grave,  violencia doméstica , vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académico 2013-2014.

c) Estar matriculado, no curso académico 2013-2014, como mínimo en 50 créditos, en estudos  universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia.

d) Que a renda per cápita da unidade  familiar non sexa superior  ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2014  é dicir 5.122,60 euros (426,88 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).

e)  Non ter percibido esta axuda con anterioridade .

Prazo de presentación de solicitudes:

- Se a causa sobrevida ou imprevista aconteceu con anterioridade a publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado dende o día seguinte a publicación desta orde no DOG.

- Se a causa sobrevida ou imprevista acontece con posterioridade a publicación desta orde o prazo de presentación de solicitude será dun mes dende que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos  a data limite para a presentación das solicitudes o 1 de setembro de 2014.

Menú Advertisement

Bolsas

Sen términos

Colectivo

Tema

Ensinanza