O conselleiro de Cultura e Educación visita os centros educativos de infantil e primaria do concello de Melide

Xesús Vázquez Abad animounos a participar nos diferentes proxectos educativos que está a desenvolver o seu departamento

Lun, 28/04/2014 - 17:08
O conselleiro de Cultura e Educación visita os centros educativos
O conselleiro de Cultura e Educación visita os centros educativos de infantil e primaria do concello de Melide

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe centros educativos do concello de Melide, en concreto os CEIP Mestre Pastor Barral, CEIP Martagona e CEIP de Melide nº1.

Vázquez Abad aproveitou a ocasión para felicitalos polas diferentes iniciativas innovadoras que están a desenvolver así como para animalos a participar nos diferentes proxectos educativos que está a desenvolver o seu departamento, tales como os contratos-programa ou o Plan de Mellora da Bibliotecas Escolares (PLAMBE), cuxa convocatoria para o vindeiro curso acaba de publicarse.

Así mesmo, acompañado pola delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo; e polo xefe territorial, Indalecio Cabana; o conselleiro escoitou aos equipos directivos e docentes, que lle trasladaron as peticións das respectivas comunidades educativas.