Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2015)

Mar, 12/05/2015 - 13:46

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación  da vida familiar e laboral para o curso académico 2015-16

O prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral estará aberto ata o 1 de xuño de 2015.

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste prazo todos os docentes do corpo de catedráticos, ensinanza secundaria, profesorado técnico de formación profesional, profesorado de música e artes escénicas, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado ou mestre de artes plásticas, mestres e o profesorado de relixión

O profesorado que está participando no concurso xeral de traslados de mestres, poderá solicitar comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral unha vez que se publique a resolución definitiva da adxudicación de destinos do referido concurso.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Infórmase que o CPI “Vicente Otero Valcárcel” de Carral transfórmase nun Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e só poden solicitar este Centro, código 15003005, o profesorado de infantil e primaria (Decreto 49/2015-DOG do 13 de abril) e o IES de Carral ten o código 15032923 segundo consta no Anexo.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981545406 e 981 545255

Mestres: 981544488, 981544482 e 9815545495

Correos electrónicos:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es